Na entrega desta semana de “Galicia 4.0”, o equipo do programa amosaralles aos espectadores, da man da modelo Zulema Vázquez, como a creatividade e a innovación en Galicia tamén está asentada no eido do téxtil. Con ela coñecerán as últimas tecnoloxías de fabricación de pezas de roupa nunha empresa galega líder do sector. Ademais, tamén se descubrirá como é posible quentar os fogares con lapas 4.0 grazas aos pellets, unha forma de biomasa. Con Paco, un avó e empresario reinventado, os reporteiros achegaranse á compañía que realiza este produto para seren testemuñas do seu proceso de fabricación e coñeceren como os pellets poden impulsar a revalorización dos residuos forestais dos montes galegos.