De entre todos os competidores que apostan por un cambio de vida mellorando a súa saúde, hoxe coñeceremos a tres, Marisol Mato de Paula, unha atarefada ama de casa que quere poñerse en forma e cambiar de paso os hábitos de toda a súa familia; Perfecto Pérez Sanmiguel, un xubilado que non estivo a réxime na vida e que agora intenta mellorar os seus hábitos; e finalmente Patricia Barreiro Rodríguez, unha moza que ten que perder algúns quilos e conta coa axuda de súa nai e das súas amigas para logralo. Amais, o prestixioso cociñeiro Flavio Morganti daralles unha serie de consellos para cociñar pratos con baixo contido en graxas.