Close

Feirantes

Espazo de xolda e diversión cun compoñente ben tradicional, xa que está baseado no mundo das feiras galegas. “Feirantes” é unha aposta polo entretemento gastronómico e musical, ambientado nun sorprendente escenario festivo construído coma unha gran feira galega onde confluirán gastronomía, música, divulgación, humor e grandes sorpresas. Presenta o programa Marta Doviro.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Magazine
Tema: Actualidad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/feirantes-1

Episodios disponibles para ver online

A gran final - 10/09/2017 23:00
As concursantes que acadaron máis puntuación e polo tanto disputarán este domingo a gran final son Maruxa, Mari Luz e Sonia. Nesta ocasión non estarán os mestres polbeiros e serán as concursantes, sen ningún tipo de axuda, as que deberán de preparar o mellor polbo á feira. Grande emoción promete esta final, en que se coñecerá a mellor polbeira da edición de 2017 de “Feirantes”, que levará como agasallo un trofeo e unha fin de semana para dúas persoas nun parador da rede de Paradores de Turismo. O xurado estará composto polo cociñeiro Luís Veira, Clara López, experta polbeira con máis de 40 anos de experiencia, e Xulio Xiz, xornalista e escritor, organizador das festas do San Froilán durante anos e un apaixonado do polbo. 
Programa 10 - 08/09/2017 22:45
Todo se decide neste programa, onde, coma sempre, os coachs e mestres polbeiros acompañarán os concursantes, que nesta ocasión serán Begoña e Rafa, de Pontevedra, e Marisé, de Xermade.Ademais, o espazo da noite dos venres seguirá de feira en feira. Desta volta na de Curtis, da man de Fernando, que comezará a visita no mercado comarcal e continuará no mercado gandeiro, onde amosará unha das máis destacadas feiras gandeiras e cabalar da provincia da Coruña. Rematará a visita cun xantar a base de polbo á feira e carne ao caldeiro, como non podería ser doutro xeito.
Programa 9 - 01/09/2017 23:00
Os aspirantes a gañar o concurso nesta edición son David, da Coruña; Elio, de Lugo e Iria, de Outeiro de Rei. Os tres intentan buscar unha boa puntuación de cara a ter posibilidades de estar na final do certame. Marta Doviro está acompañada no estudio polo equipo de mestres polbeiros, que integran Mercedes Rodríguez, de Pulpería Neira; Amador Porta, de Polbeiría Porta da Estrada, e Paco Gómez, de Pulpería Á Feira. A chef convidada é Beatriz Sotelo, do Grupo Nove, que elabora unha empanadilla tipo xaponesa, rechea cun guiso de luras. Nesta edición, Fernando visita a feira de Melide, cos diferentes postos de verduras, froitas e embutidos. Continua o seu percorrido polo mercado gandeiro, que ostenta o segundo posto de feira do gando máis importante de Galicia, sendo o segundo domingo do mes a máis grande de todas.  Amenizan o programa o humorista Pedro Brandariz, o Mago Richard, o grupo galego Brath e a orquestra Essencia.
Programa 8 - 25/08/2017 23:00
O concurso de polbeiros conta como participantes con Iván e Diego, irmáns xemelgos de A Coruña, e Héctor, de Ribeira, que están acompañados polos coachs Mercedes Rodríguez de Pulpería Neira, Amador Porta de Polbería Porta da Estrada e Paco Gómez de Pulpería Á Feira. O reporteiro Fernando visita a Feira de Sarria, que con máis de cincocentos anos de historia proclámase unha das máis lonxevas de Galicia. Ademais, volve pasar polo plató a Polboneta, pero nesta ocasión non vén Linolio, senón que o encargado é Xiao, o seu mozo, que trata de convencer os nosos concursantes de que utilicen unha auga especial para cocer o polbo.  O chef convidado é Taki, do grupo Nove, que fai un guiso de costela de tenreira con cebola e queixo do Cebreiro. A maxia vén da man do Mago Benxamín, que sorprende coa axuda de dous invitados do público cun xogo de cartas e outro cunha corda, facendo aparecer e desaparecer un nó. Tamén actúan a orquestra Los Players, os humoristas Pablo Meixe e Tito Rober.
Programa 7 - 18/08/2017 22:00
Neste programa concursan, polo equipo azul, Pío de Ourense, con Mercedes Rodríguez de Pulpería Neira como mestra polbeira; no equipo laranxa, Cristina do Morrazo, con Amador Porta de Polbeiría Porta da Estrada; e, polo equipo verde, Maruxa de Cazás, con Paco Gómez de Pulpería Á Feira. Os tres intentan buscar unha boa puntuación de cara a ter posibilidades para ser o mellor polbeiro. Fernando visita a os postos da feira de Amio, onde todos os mércores se poden ver máis de dous mil cabezas de gando, e remata cun xantar de polbo á feira. Polo estudio volve pasar Linolio coa súa Polboneta para tentar enredar os concursantes. O chef convidado é Alberto González, do restaurante Silabario, que fai unha receita tradicional da súa zona no sur de Galicia, do Baixo Miño, que se chama puñetas de bacallau. Animan o programa o mago Joshua Kenneth, o grupo de música galega Brath e a orquestra Nebraska.
Programa 6 - 11/08/2017 22:00
Neste segundo programa, concursan Mariluz, de Xermade; Noel, de Ourense, e Sonia, de Lugo. Os coachs son Mercedes Rodríguez, de Pulpería Neira; Amador Porta, de Polbería Porta da Estrada, e Paco Gómez, de Pulpería Á Feira. Fernando, o reporteiro do programa, visita a feira de Castro de Ribeiras de Lea. E Linolio, coa súa Polboneta, trata de convencer os concursantes de que el ten o segredo para facer o mellor polbo do mundo, simplemente cun aceite “especial”. Amenizan o programa o humorista Manuel de Eva, o mago Manuel Lamas, o grupo de música galega Brath - que presenta o seu novo disco “Enxebre” - e a orquestra do Grove La Ola ADN. O chef convidado desta semana é Antonio Botana, do restaurante Pandemonium, en Cambados, que, seguindo un pouco a tradición do seu establecemento, onde traballan moito os cefalópodos, prepara un choco da ría de Arousa.
Programa 5 - 04/08/2017 22:00
Marta Doviro busca a mellor polbeira ou o mellor polbeiro de 2017. Nesta nova temporada, “Feirantes” ten so tres coachs, que asesoran os concursantes durante os próximos seis programas (no sétimo, que é o que corresponde á final, non interveñen os coach).  Mercedes Rodríguez, de Pulpería Neira; Amador Porta de Polbería Porta da Estrada, e Paco Gómez, de Pulpería Á Feira, reciben como concursantes a Manuel, procedente de Pontedeume; Carmen, de Cospeito, e Iván, do Carballiño.  Nesta nova etapa muda o xeito de escoller coach e cóntase coa Polboneta, unha motocarro guiada por un polbeiro ambulante que anda polas feiras. Tito Rober é o encargado de darlle vida a Linolio, o polbeiro ambulante que cada semana coa súa Polboneta encherá de risas o programa. Nesta ocasión, xunto a Linolio está o versátil Pedro Brandariz. "Feirantes" aderézase coas actuacións do Mago Marco, o grupo de música galega Brath, e a orquestra pontevedresa La Oca Band. O chef convidado é Iñaki Bretal, do restaurante
Programa 4 - 30/08/2016 22:00
Chega a final do concurso que busca o/a mellor polbeira/o do mes. A disputa está entre Montse Fernández, Alberto Camba e Iván López. O gañador ou gañadora consegue unha fin de semana de balde para dúas persoas nunha casa de turismo rural. E falando de polbo, o dúo de humor “Pinchados” ofrece un sketch baseado na venda do cefalópodo e o xornalista lucense Xulio Xiz fala tamén da sona do polbo do San Froilán. Oasesor de produtos da nosa terra, Waldo Carreiras, fala do pan de Cea e do queixo da Denominación de Orixe O Cebreiro. Todo isto regado con viño da Indicación Xeográfica Protexida Betanzos, un dos viños cultivados máis ao norte de Galicia. A especialista culinaria convidada é Mónica Varela, quen prepara un prato de cocochas de bacallau con ameixas en salsa verde. A música corre por conta do grupo tradicional Brath e o seu novo disco “Enxebre” e a orquestra pontevedresa La Oca Band, que trae ritmos de bossa nova e rancheiras.
Programa 3 - 23/08/2016 22:00
“Feirantes” comezará hoxe co concurso presentado por Marta Doviro para atopar a polbeira ou polbeiro do mes e no que haberá gran competencia. En canto aos produtos da terra, Waldo Carreiras falará do pan de Lalín, do queixo Arzúa-Ulloa e do viño da indicación protexida Negueira de Muñiz.  Na sección de “Barriga Verde”, o programa contará coa presenza de Óscar Gayoso,  que vai contar a historia do Conde de Valdemar, un dos magos máis famosos de Galicia.
Programa 2 - 16/08/2016 23:45
De entre todos os competidores que apostan por un cambio de vida mellorando a súa saúde, hoxe coñeceremos a tres, Marisol Mato de Paula, unha atarefada ama de casa que quere poñerse en forma e cambiar de paso os hábitos de toda a súa familia; Perfecto Pérez Sanmiguel, un xubilado que non estivo a réxime na vida e que agora intenta mellorar os seus hábitos; e finalmente Patricia Barreiro Rodríguez, unha moza que ten que perder algúns quilos e conta coa axuda de súa nai e das súas amigas para logralo. Amais, o prestixioso cociñeiro Flavio Morganti daralles unha serie de consellos para cociñar pratos con baixo contido en graxas.
Programa 1 - 09/08/2016 22:00
“Feirantes” comeza a súa andadura presentado por Marta Doviro, quen buscará a mellor polbeira ou polbeiro do mes, dentro do microespazo concursal do programa. Ademais, o espazo da canle pública contará coa participación de  Waldo Carreiro, como asesor de produtos da nosa terra, quen falará do Pan de Ousá e do Queixo de Tetilla. O viño co que serán regados estes manxares será o procedente da Indicación de Orixe Protexida Terra do Val do Miño, de Ourense.Outras atraccións deste primeiro “Feirantes” serán a actuación do mago Rafa, que coa súa imaxinación e habelencia vai sorprender ao público, e a da asociación Morreu o Demo, que contará a lendaria historia de Barriga Verde. Para rematar, un acreditado cociñeiro vai preparar un orixinal prato de polbo con fabas. A música vai por conta do prestixioso grupo folk Brath, e a orquestra pontevedresa Costa Oeste.

>


Otros programas de TVG (Galicia) >