Saimos ao mar no 'Playa de Nemiña', ás cinco e media da madrugada. Saimos do porto de Muxía e o tempo presaxia chuvia e marexada. Dinos os mariñeiros que as ondas poden chegar aos tres metros. A tripulación está composta por Luis Romaní, sabio mariñeiro de moitas mareas, experimentado en diferentes artes, e sobretodo no palangre. Roberto López, tamén ten moito mar na súa memoria, e encárgase do halador, é o primeiro e enfrontarse aos congros. Victor Alcaina está empezando no oficio, e amosa moitas gañas de aprender, porque quere que a súa vida sexa o mar. E o patrón é Iago Guisamonde, un patrón novo que é garantía de futuro no mar.