Neste quinto capítulo de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo transformarase na única persoa galega capaz de levar unha chaqueta de brillantes con dignidade: o cantante de orquestra! Ese artista todoterreo que sabe cantar, bailar, animar o público e ligar cas raparigas da primeira fila... e todo sen despeinarse (o quilo de fixador que leva no pelo non ten nada que ver). O presentador introducirase no mundiño das orquestras pola porta grande, da man de Lito, o cabeza visible da Panorama. Lito ensinaralle a Perdomo todo o imprescindible para ser un verbeneiro: a actitude, as vestimentas horteras e as armas segredas para meter ao público no peto. Despois, o presentador aprenderá a mover o cu ao ritmo da París de Noia con Gemma Lareo, que comezou a ser unha orquestreira bailando enriba do hórreo da súa casa. Unha vez listo, Perdomo subirá ao palco da orquesta Ciclón para enfrontarse a un público famento na Festa da Filloa de Abellá!