Close

Ecce Perdomo

El actor David Perdomo se transforma en diferentes personajes típicos de la región con el objetivo de hacernos reir un rato.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Entretenimiento
Tema: Humor
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/ecce-perdomo

Episodios disponibles para ver online

Rosalía de Castro - 25/09/2019 00:30
Este capítulo de Ecce Perdomo é moi especial, non só por ser o último da temporada, senón porque David Perdomo se transformará nunha personaxe fundamental na historia de Galicia, unha muller que todos coñecemos e admiramos, cunha voz propia e inconfundible: Rosalía. A nosa, a de Castro! Non vos vaiades confundir, que hai moito despistado ultimamente. Para conseguir impregnarse dos airiños, airiños, aires rosalianos, Perdomo acudirá á Casa Museo Rosalía de Castro, onde o recibirá a experta Pilar García Negro para explicarlle que a nosa escritora más querida, contrariamente ó que se pensa, era unha muller de armas tomar. Despois desta introdución, Perdomo reunirase con Fernando Pereira, un verdadeiro fan e coleccionista de Rosalía, que nos contará como a poeta do Sar chegou a ser toda unha icona pop. Na terceira entrevista coñeceremos o cantautor punk O Leo i Arremecághona, que mestura o xenio de Rosalía co ritmo de Georgie Dann, valéndose da “retranca Kung Fu” que tanto lle gustaba á
O koruño - 18/09/2019 00:30
No capítulo 12 de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo mergullará nas orixes da súa personaxe máis coñecida. Ese rapaz (xa non tan rapaz) que sempre anda tomando unhas “garimbas”, fumando uns “grelos”, ou en xeral facendo “o mal” polos barrios populares da Coruña, e ademais fala un idioma que ás veces parece Suahili: o Koruño! Para acometer a súa metamorfose, o presentador irá falar con Antón Lezcano, un sabio do koruñismo, que lle explicará que a muller que comezou toda esta “movida” foi a mesmísima María Pita, a heroína koruña. Tras facer este impactante descubrimento, Perdomo entrevistará á actriz Tania Villamarín, que interpretou a María Pita na serie El Ministerio del Tiempo. Xuntos acudirán a unha academia de esgrima pra aprender a loitar, ou repartir fotóns, como María Pita. No terceiro bloque do programa, o presentador quedará con Arufe Neno, un rapeiro e instagrammer que lle ensinará o estilo e o vocabulario do koruño 2.0. Despois desta entrevista, Perdomo decidirá invadir a
O adolescente - 11/09/2019 00:30
No capítulo 11 de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo terá que transformarse nun adolescente, ese ser inmaduro, agobiado, incómodo e canso en xeral. Sempre ten algo do que queixarse: os pais, as nais, as mozas, os mozos, os amigos, os exames, o futuro… Todo se lle fai demasiado, menos ir de botellón e subir stories ó Instagram. O presentador introducirase no mundo adolescente da man de Alex López e Germán Enríquez, dous rapaces no punto álxido da pubertade. Eles serán os encargados de quitarlle 20 anos de enriba a Perdomo mediante unha serie de vestimentas imposibles, propias dos artistas do xénero musical que está de moda entre a rapazada: o trap. Precisamente Perdomo entrevistará tamén a Boyanka Kostova, un dúo de trap en galego que lle “canta” ás leiras, ós kiwis das avoas e a Diego Tristán. Para rematar a súa metamorfose, o presentador arriscará a vida intentando subir nun skate, ou monopatín, e desafiará todas as leis pintando un grafitti, co obxectivo de volver sentirse como un
O 'iogui' - 04/09/2019 00:15
Non hai nada tan galego coma o churrasco, o lacón ou o botelo. Con todo, desde hai xa uns anos existen uns traidores ás súas raíces que se negan a comer estes manxares da nosa terra: fanse chamar veganos. Se a isto lle sumamos a práctica do ioga, o tai-chi ou as meditacións budistas, atopámonos cun novo tipo de galego: o iogui. Neste capítulo, o décimo de Ecce Perdomo, descubriremos chaquetas feitas de plástico reciclado, esponxas feitas de cogombro e callos feitos... sen callos? O que hai que ver! Para transformarse en Iogui, o actor David Perdomo aprenderá a cociñar un menú macrobiótico (sexa o que sexa iso), descubrirá os segredos da moda sustentable, tratará de non romper o lombo realizando posturas imposibles de ioga, e visitará a un auténtico mestre do gong e dos cuncos tibetanos; un home que transmite paz e amor e que lle ensinará a comunicarse coa natureza: os animais, as árbores e os telespectadores.
O 'friki' - 28/08/2019 01:30
Este capítulo de Ecce Perdomo está dedicado aos frikis, persoas que prefiren ser soldados de Star Wars ou elfos do Señor dos Aneis antes que galegos do montón. Frikis que, desde que comezaron as emisións de Bóla de Dragón en Televisión de Galicia, foron crecendo en número, diversificáronse e agora proliferan por todo o territorio. Neste programa David Perdomo coñecerá os distintos tipos de frikis que existen en Galicia e tratará de converterse nun deles. Para lograr este obxectivo viaxará a Ourense e penetrarase no santuario dos frikis: unha tenda de cómics. En Vigo coñecerá o mundo dos cosplayers, persoas que, unha vez pasado o entroido, seguen disfrazándose de cando en vez. Visitará un bar gaming para ser testemuña de como soacializan os frikis, unha vez ao mes e sempre con xogos polo medio. E, por último, visitará a casa-museo dun friki, que é como a de calquera avoa só que cambiando as figuritas de porcelana e os tapetes de ganchillo por cascos, espadas e outros elemen
O futboleiro - 21/08/2019 00:45
Se hai un estereotipo de galego recoñecible é o futboleiro. Recoñéceselles a mazás de distancia. E sen verlles. Só polos seus berros: Gooool!, Campións!, Lololololo! E outros non tan positivos reservados, xeralmente, para os árbitros. Neste capítulo de Ecce Perdomo o actor David Perdomo tentará descubrir que é o que fai que estas persoas abandonen os seus fogares, os seus modais e o sentido común para transformarse cada fin de semana en auténticos descerebrados, digo... seareiros de fútbol. Para levar a cabo esta tranformación David Perdomo contará coa axuda de Rafa Córdoba, unha especie de Manolo o do Bombo galego que se desvive polo Pontevedra; García de Loza, unha lenda da arbitraxe profesional que lle contará os seus maiores altercados con futboleiros, que non son poucos; as pioneiras do fútbol en Ferrol, por cuxas veas segue correndo a paixón polo futbol a pesar de ser avoas moitas delas e; como colofón final, vivirá na súa propia pel uno dos derbis máis potentes do fútb
O 'pijo' - 14/08/2019 00:30
Neste capítulo de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo transformarase en Ginés, Xenxo para os amigos. Unha personaxe moi recoñecible á que podemos atopar casualmente paseando polos centros das cidades, os campos de golf, os clubes náuticos ou os centros hípicos. Hai quen lle chama 'pijo', pero el prefire definirse como ‘cool’. Para aprender a ser como Xenxo, Perdomo entrevistará a Natalia Alcayde, unha asesora de imaxe que lle dará os conxuntos necesarios para ir á moda máis ‘cool’. Tamén se reunirá no náutico de Sada con Enrique Tostado, o propietario dun veleiro no que tomarán uns “viñiños” ó sol. Despois, Perdomo aprenderá a xogar ó golf da man do mellor golfista galego, Santi Tarrío, un infiltrado no mundo “pijo”. Para rematar, Perdomo irá á perruquería canina Patacán para coñecer uns cans que van ó spa moito máis, incluso, que as súas donas.
O 'folkie' - 06/08/2019 23:15
No sexto episodio de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo transformarase nun dos estereotipos máis recoñecibles da nosa sociedade. Todos coñecemos algunha desas persoas que tocan a pandeireta, a gaita ou as cunchas, e que, sobre todo, non soltan a copiña de licor café: os folkies! Na taberna, na sobremesa, na festa ou na oficina, os folkies sempre están listos para deleitarnos (ou amolarnos) cunha cantarea. Para isto, Perdomo comezará entrevistando a Kalee Prendergast, unha californiana que non se perde unha foliada e que lle aprenderá a beber coma un auténtico folkie. Despois desta introdución, o presentador visitará as Pandeireteiras sen Fronteiras, que o vestirán como un folkie para todas as ocasións, desde Ortigueira ao Luar, e tamén lle aprenderán a usar un molete de pan para algo máis que para facer bocadillos. Por último, Perdomo aprenderá a practicar o ancestral deporte dos folkies, a billarda, o único para o que non é necesario ir ao Decathlon.
O verbeneiro - 30/07/2019 23:55
Neste quinto capítulo de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo transformarase na única persoa galega capaz de levar unha chaqueta de brillantes con dignidade: o cantante de orquestra! Ese artista todoterreo que sabe cantar, bailar, animar o público e ligar cas raparigas da primeira fila... e todo sen despeinarse (o quilo de fixador que leva no pelo non ten nada que ver). O presentador introducirase no mundiño das orquestras pola porta grande, da man de Lito, o cabeza visible da Panorama. Lito ensinaralle a Perdomo todo o imprescindible para ser un verbeneiro: a actitude, as vestimentas horteras e as armas segredas para meter ao público no peto. Despois, o presentador aprenderá a mover o cu ao ritmo da París de Noia con Gemma Lareo, que comezou a ser unha orquestreira bailando enriba do hórreo da súa casa. Unha vez listo, Perdomo subirá ao palco da orquesta Ciclón para enfrontarse a un público famento na Festa da Filloa de Abellá!
O vaqueiro - 17/07/2019 00:10
Neste capítulo, o cuarto de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo enfróntase ao reto de converterse nun auténtico cowboy galego. O noso vaqueiro autóctono, como os do Salvaxe Oeste, sempre sentiu paixón polos cabalos, o tabaco, os chapeus, as armas... pero, sobre todo, polas películas wéstern que botaban na TVG. Que vaqueiro galego non soñou con ser John Wayne? Na cuarta entrega de Ecce Perdomo, David aprenderá a montar dacabalo e levar as vacas da man de tres auténticos xinetes do concello de Avión; a desenfundar unha arma e disparar case no albo grazas aos consellos de Javier Luaces, un coleccionista de armas de fogo; e descubrirá que a orixe da rancheira é galega grazas ao grupo de música country Los Eternos. Aínda que o presentador dará o paso definitivo na súa transformación a través da figura de John Balan, o vaqueiro do noroeste. Un home de Seixo, Marín, que decidiu vivir os seus días sendo un auténtico cowboy galego.
O lobo de mar - 09/07/2019 23:45
A terceira entrega de Ecce Perdomo está dedicada á xente do Mar. Nesta ocasión David Perdomo transformarase nun Home do Mar, aquel que pasou media vida no mar... e a outra media no bar. Nos dous ambientes perfeccionou a arte da picaresca. “Se che conto o que sei, sabes tanto coma min”, así se resume a súa personalidade. É un auténtico cosmopolita que percorreu medio mundo, pero á súa maneira. Por exemplo: nunca estivo en Cape Town, pero coñece moi ben o Capetón (e as súas tabernas). Coa axuda dun vello patrón, un pescador, unha mariscadora e moitos fregueses de taberna, David tratará de meterse na pel dun aguerrido mariñeiro. Arranxar os aparellos, distinguir a ameixa fina da xaponesa, aprender a navegar e botarse uns cantos entre grolo e grolo de viño serán algún dos pasos que lle permitirán converterse en “O Mequiño”, o meco pequeno do Grove, tal e como lle apodaron os mariñeiros da zona.
O home do rural - 02/07/2019 23:45
A señora - 25/06/2019 22:40
No primeiro programa de Ecce Perdomo o actor David Perdomo transformase nunha Señora Galega. Si, esa que sempre ten algo que ofrecerche; xa sexan unhas patacas, uns grelos ou uns ‘quives’. Unha desas señoras que se escandalizan á hora de falar de sexo ou dicir tacos pero que, ao mesmo tempo, non teñen pelos na lingua para contar contos sobre as famosas, os seus veciños ou calquera que pase por diante da súa xanela. Para levar a cabo semellante transformación contará coa axuda de catro auténticas expertas: unha froiteira, unha perruqueira e dúas cantareiras. María del Carmen Trigo, unha das mellores froiteiras de Galicia, ensinaralle o que é ser unha señora festeira, capaz de venderche tres quilos de kakis engaiolándote con carantoñas e agarimos. Coa perruqueira Maria Teresa Leal , aprenderá non só os segredos de beleza das famosas senón os seus chismes máis vergoñentos. E Teresa dos Cucos e Basilisa Romay faranlle degustar unha auténtica merenda de señora, desas nas que senta

Otros programas de entretenimiento >


Otros programas de TVG (Galicia) >