Neste capítulo, o cuarto de Ecce Perdomo, o actor David Perdomo enfróntase ao reto de converterse nun auténtico cowboy galego. O noso vaqueiro autóctono, como os do Salvaxe Oeste, sempre sentiu paixón polos cabalos, o tabaco, os chapeus, as armas... pero, sobre todo, polas películas wéstern que botaban na TVG. Que vaqueiro galego non soñou con ser John Wayne? Na cuarta entrega de Ecce Perdomo, David aprenderá a montar dacabalo e levar as vacas da man de tres auténticos xinetes do concello de Avión; a desenfundar unha arma e disparar case no albo grazas aos consellos de Javier Luaces, un coleccionista de armas de fogo; e descubrirá que a orixe da rancheira é galega grazas ao grupo de música country Los Eternos. Aínda que o presentador dará o paso definitivo na súa transformación a través da figura de John Balan, o vaqueiro do noroeste. Un home de Seixo, Marín, que decidiu vivir os seus días sendo un auténtico cowboy galego.