Se hai un estereotipo de galego recoñecible é o futboleiro. Recoñéceselles a mazás de distancia. E sen verlles. Só polos seus berros: Gooool!, Campións!, Lololololo! E outros non tan positivos reservados, xeralmente, para os árbitros. Neste capítulo de Ecce Perdomo o actor David Perdomo tentará descubrir que é o que fai que estas persoas abandonen os seus fogares, os seus modais e o sentido común para transformarse cada fin de semana en auténticos descerebrados, digo... seareiros de fútbol. Para levar a cabo esta tranformación David Perdomo contará coa axuda de Rafa Córdoba, unha especie de Manolo o do Bombo galego que se desvive polo Pontevedra; García de Loza, unha lenda da arbitraxe profesional que lle contará os seus maiores altercados con futboleiros, que non son poucos; as pioneiras do fútbol en Ferrol, por cuxas veas segue correndo a paixón polo futbol a pesar de ser avoas moitas delas e; como colofón final, vivirá na súa propia pel uno dos derbis máis potentes do fútb