Un documental de divulgación no que coñecemos a Xeración  Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Antonio Lousada Diéguez,  Florentino L. Cuevillas e Afonso Rodríguez Castelao. Todos eles manteñen  na década dos 20 unha estreita ligazón persoal e unha actividade cultural  compartida.  Porén, un dos logros máis importantes desta xeración foi a  promoción da revista Nós, que dende 1920 ata 1936 marcou a vida  cultural galega, un dos proxectos colectivos máis singulares da nosa  historia. Asemade, falamos tamén desta influencia cultural no mundo  galego, de como conseguiron chegar ao mundo universal a través do  particular, e sobre todo a través de Galicia.