Este documental permítenos coñecer mellor o Manuel María home, xornalista, activista cultural e político, editor e viaxeiro, a través das palabras de Saleta Goy, que foi a súa compañeira durante 45 anos, e do propio escritor. Con Saleta Goy, a TVG percorre os lugares vivenciais do autor, soportes físicos das súas actividades na segunda década do século XX, enfiando historia, anécdotas persoais e amizades. As palabras de ambos os dous, en documentos audiovisuais, son a base dunha peza que ten como obxectivo, a través do coñecemento da súa faceta humana, potenciar a lectura da obra de Manuel María, que comprende máis dun cento de obras de poesía, narrativa e teatro, sendo o seu corpus poético un dos territorios creativos máis ricos da literatura galega.