Na entrada da Alameda de Santiago de Compostela están, feitas estatua, as irmás Coralia e Maruxa Fandiño, máis coñecidas como "as Marías". Porén a realidade destas dúas mulleres non é de todo coñecida: moitos pensan que eran unhas simples tolas, fóra da realidade. E trala súa existencia onírica había un drama real e auténtico que tiña que ver coa realidade que xerou, primeiro a guerra civil e a continuación a posguerra. As Marías, ou tamén As Dúas en Punto, que así as coñecía a xente, chamábanse de propio Maruja (ou Maruxa) e Coralia (ou Rocío) Fandiño Ricart.