Conta a historia dun dos máis importantes proxectos industriais de Galicia: Astano, un dos asteleiros máis grandes e tecnolóxicamente máis avanzados de Europa. É un repaso á historia da construción naval en Ferrol e unha homenaxe aos homes que, con esforzo e tesón, cubriron o mar cos seus navíos. En Galicia, como terra mariñeira que é, existe construción naval artesanal desde a noite dos tempos, sendo Vigo e Ferrol os polos deste desenvolvemento naval. No caso de Ferrol existían desde o século XVIII uns estaleiros militares, xerme do que máis tarde serían Bazán e Astano, actualmente Navantia.
Fixéronse ao longo dos anos documentais sobre os nosos mariñeiros, percebeiros, mariscadores ou labregos, pero hai unha débeda pendente cos obreiros, cos traballadores desprovistos da aura mitolóxica mariñeira, cos construtores de barcos. Precisamente o documental "Astano a forxa dun soño" recupera a historia deste soño de crear unha grande industria naval civil nun momento difícil, en plena II G