Hoxe en “Cos Pés na Terra” toca deterse a cheirar as flores de Vero, unha rapaza que o deixou todo para cultivar especies pouco vistas nas nosas terras, e coas que ten pensado conquistar o mundo enteiro... Visitaremos tamén a Luís, un artesán das cadeiras con quen imos coñecer en detalle todo e canto hai que facer pra que poidamos estar cómodos nas nosas casas. E por último coñeceremos tamén a César e Pablo, dous criadores de porco celta.