Os espectadores de ‘Cos Pés Na Terra’ ven canto dan de si os días de Vanesa, atendendo as súas pitas, muxindo as súas vacas, coidando dos seus produtos e vendéndoos na praza. Tamén testemuñas do traballo en familia que levan adiante Mariluz e o seu fillo Jaime, un traballo que fan entre gando cen por cento galego: as súas galiñas de Mos e as vacas cachenas da casa. Temos tamén unha cita para encher os oídos cos instrumentos e os sons que rescata do esquecemento Xaneco, un luthier afeito a fabricar pezas lendarias da nosa tradición sonora.