“Cos Pés na Terra” conta coa sabedoría dun home cen por cen do campo, unha produtora de verduras e un campaneiro. A idade non importa para traballar no campo, como demostra o testemuño que “Cos Pés na Terra” ofrece na súa primeira reportaxe, en que entrevista a Manolo, un home que defende este medio de vida con paixón.  O programa da TVG tamén visita a Praza das Verduras de Vilagarcía da man de Rosa, que ten todo o que se precisa para unha alimentación sa, xa que ela mesma se encarga dos seus cultivos con auténtico esmero. Por último, coñecemos a historia de Víctor, un rapaz novo cun oficio centenario: o de campaneiro.