Hoxe, en “Cos Pés Na Terra”, xeados para todos grazas a Manolo, gandeiro ó que imos ver transformarse en xeadeiro. Con el imos transforma-lo leite quentiño da muxidura en larpeiradas frías e deliciosas. Saben vostedes que é un Cacharreiro? Vánnolo contar Agustín e o seu fillo José. Pai e fillo que teñen a lección aprendida dende hai séculos. Con eles imos moldear coñecementos da olería tradicional de Niñodaguia. Escoitaron falar algunha vez do Trigo de Callobre? Non se amolen, temos a Alicia “metida en fariña” pra saber deste cereal autóctono que antigamente abundaba nos nosos campos e que se facía escoitar... cantando.