Hoxe, en Cos pés na terra coñeceremos  a Pepe, o 'Luis Pasteur' da Laracha, non por nada vive do leite das súas vacas, un leite envasado e pasteurizado nestas míticas bolsas de plástico. Iremos tamén aos Ancares. Os seus montes gardan tesouros pra David, un artesán da madeira que traballa tan ben coma un paxaro carpinteiro. E presentarémoslles a Leticia e Gustavo, unha parella de labregos ecolóxicos de Arteixo cos que comprobaremos que traballar en parella non sempre é doado.