Viaxamos ao pasado, concretamente ata a casa centenaria de Esther e Luís, criadores en ecolóxico dunhas vacas 100% raza galega. Ademais, desprazarémonos ata Vigo para coñecer o proxecto “Saliendo del tiesto”, un oasis vexetal en pleno corazón da cidade. Dúas compañeiras de aventura decidiron emprender este negocio para trasladarlle á veciñanza todo o seu coñecemento sobre sementes e biocultivos. Ensinan a crear hortas e xardíns ecolóxicos, a manter xardíns verticais ou a montar espazos verdes en terrazas, balcóns e patios. O programa despedirase coa historia de Mariana, unha moza de trazo fino e sensible, que amosará a natureza a través dos seus ollos e como esta pode converterse en elemento de inspiración artística.