David Amor e todo o seu equipo dedícanlle o espazo a toda unha xeración que creceu cun dos programas de maior referencia e impacto na Televisión de Galicia, o “Xabarín Club”, que abriu as súas portas a toda unha cultura musical, cinéfila e do cómic da época ata hoxe en día.    O espazo infantil, que fai 23 anos, ten unha xeración de seguidores que creceu con el. O club sigue sendo un referente nos rapaces galegos e na actualiade conta con case 150.000 socios