“Con amor e compañía” é un programa protagonizado por David Amor. O actor e showman celebra o Nadal cun especial para toda a familia, onde están asegurados o humor, a música e o entretemento. Despois de moitos anos intentándoo, David Amor logra reunir un bo grupo de grandes amigos para unha cea. Con todo, foi aprazando todo ata a última hora e non ten nada para ofrecerlles aos convidados. Para solucionar este enredo conta con Isi, Federico Pérez, Iria Pinheiro, Marcos Pereiro, Isabel Risco, as actrices Sabela Arán e María Castro, o actor Toni Salgado e o grupo musical De Vacas.O mestre de cerimonias deste especial recrea con moito humor algunhas das situacións cotiás que se viven nestas datas. Ademais, ofrece entrevistas, conexións, consellos, cámaras ocultas con nenos e tamén moitas panxoliñas.