Visitan o programa tres estrelas do deporte, o adestrador de baloncesto do Obradoiro CAB Moncho Fernández e dous dos xogadores que máis tempo levan no club, Alberto Corbacho e Pepe Pozas.  O club de baloncesto Obradoiro CAB leva moitas temporadas xogando na máxima categoría nacional do baloncesto. Unha traxectoria complicada ás veces pero cun adestrador e un equipo con moita garra e ilusión de defender a categoría. Tamén pasa polo programa Rodolfo Chikilicuatre para celebrar un aniversario un tanto peculiar, como é os 9 anos, 1 mes e 17 días da súa participación en Eurovisión, aínda que a celebración vai estar un pouco accidentada. Na sección “A que non sabes a quen vin onte que pensei que morrera” está Elvis Presley, que interpreta un dos seus mellores temas traducido ao galego. Ademais, regálase o coche “AMORelo” da primeira temporada do programa que presenta David Amor.