O actor e showman David Amor estrea “Con Amor e Compañía”, un programa variado con entrevistas, monólogos, actuacións musicais e contidos que farán rir os espectadores. Este novo espazo tamén conta coa colaboración de Isi, Iria Pinheiro, Alicia Burton e Pepo Suevos. Este último sorprenderá cada semana coa interpretación de Maximino “O deitado”, un dos poucos seres do planeta que ten un audiómetro e que descobre que no seu mando ten un botón que lle permite acceder directamente ás imaxes do que ocorre no estudio. O público tamén é unha parte importante do formato, xa que vivirá unha experiencia moi participativa con sorpresas, momentos de humor e a posibilidade de gañar un coche ao final da tempada.Nesta primeira entrega, o programa recibe a visita da actriz portuguesa, Mikaela Lupu, e o actor galego, David Seijo,  que interpretan a Carlota e Pedro, protagonistas da recentemente estreada serie da Televisión de Galicia “Vidago Palace”. Son os primeiros invitados e non dubidarán en entreg