Luís Zahera vén disposto non só a falar de toda a súa traxectoria, dos seus novos proxectos, dos seu inicios senón que tamén está disposto a descubrirlles aos espectadores da Televisión de Galicia aspectos da súa vida máis persoal. Luís Zahera, ademais de contar cousiñas da súa vida, será sorprendido pola nosa bolseira Branca, desprazada ata un recunchiño moi especial para o convidado, e Sandra, peiteadora do programa, que lle proporá a David e Luis un xogo no que suarán a camiseta.