“Con Amor e Compañía” recibe a visita de Luís Davila, un gran retratista da actualidade en forma de viñeta. Coñecido como “O bicheiro”, leva dende o ano 98 amosando con humor o auténtico ADN galego a través da súa faceta de debuxante e humorista gráfico. No programa, os seus personaxes Dora e Agripina cobran vida e Luís Davila ten a oportunidade de facer unha viñeta ao vivo.  "O cuñao" está acompañado de Jessica Rey, unha rapaza que traballa na Casa Grande de Xanceda que, coincidindo co Día do Burro, celebra o importante que é este animal na súa granxa. Ademais, a histórica María Pita volve convidar o público do estudio a que participe no xogo O Burro Rabudo. Maximino Deitado continúa conectando co programa de cando en vez para opinar sobre o programa.