Visita o estudio de  “Con Amor e Compañía” un dos tríos galegos mellor levados: Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña, presentadores do programa da TVG “Aquí Galicia”, que contan algunhas anécdotas curiosas e divertidas. Na sección “Sabes que non saben a quen vin onte que pensei que morrera”, coñecemos como lle vai a vida de xubilado a Pelegrín, a famosa mascota galega do Xacobeo 93, que marcou toda unha época. Tamén aparece polo programa Miss Tamallacos, que utiliza os seu poderes extrasensoriais para desvelar segredos dalgunha das persoas que acoden como público cada semana. Ademais, David Amor mantén as conexións habituais con Maximino Deitado.