David Amor convida ao seu programa a dous cracks das orquestras galegas: Lito, da Panorama, e Fátima Pego, da orquestra París de Noia. Lito e Fátima responden ás curiosidades do público e desvelan algúns segredos do día a día das orquestras, ademais teñen que enfrontarse a un divertido xogo para demostrar as súas dotes para bailar e interpretar.  Tamén presenciamos a sorpresa que levou Dosinda Barral, a gañadora do concurso do coche, cando David Amor e Miss Tamallancos chamaron á porta da súa casa para comunicarlle que gañou o coche e para entregarllo.  O programa complétase coas seccións habituais como o monólogo de David Amor, as conexións de Maximino “Deitado” e as seccións dos colaboradores.