O que hoxe descubrirá “Con Amor e Compañía” de Ledicia Sola serán algúns dos seus segredos como o seu primeiro bico ou a súa afección pola poesía. Alguén moi especial para a actriz tamén contará algún que outro segredo máis. Ademais, Ledicia vén disposta a pasalo ben, polo que non dubidará en participar e colaborar nos retos que lle propoña David Amor.