O convidado esta noite de David Amor é o campión mundial de tríatlon Iván Raña. Por todos é coñecida a traxectoria deste deportista galego de elite, pero, coma sempre, o cometido de David Amor e os seus colaboradores é achegarlle ao público outras facetas dos convidados. Nesta ocasión, o triatleta conta algunhas das anécdotas e aventuras que pasou nas moitas competicións internacionais en que participou. Ademais, “Con Amor e Compañía” revisa o pasaporte de Iván Raña, fai que compita nunha proba con David Amor, igual de dura e arriscada que o tríatlon e descóbrenos o verdadeiro motivo polo que visita esta noite o programa.  Continuando coa serie de éxitos da canción, como o particular hit “O Amorelo”, “Con Amor e Compañía” convértese na plataforma de lanzamento de todo un descubrimento artístico: Nianke He, unha rapaza chinesa que leva poucos meses en Galicia e canta en vivo, en galego e en chinés, o tema “Lela”. Ademais “O Cuñao” volve demostrar que é certo o dito de “Como o noso,