O ciclista galego Ezequiel Mosquera é o convidado de David Amor, con quen fala da súa carreira e dunha nova edición do Gran Fondo do Ézaro, unha proba para ciclistas non profesionais onde o deporte e a natureza se mesturan. A colaboradora Ana Lista encárgase de presentar unha clasificación - totalmente investigada e fundada - sobre a práctica deportiva do ciclismo.O cuñao trae dúas bicicletas para que David Amor e Ezequiel Mosquera demostren as súas calidades deportivas e competitivas. Quen está máis en forma? Quen gañará?  Tamén coñecemos a Sandra, unha das peiteadoras do programa, moi posta no mundo das tendencias, que ofrece interesantes titorías e pon a proba ao público presente no estudio.