David Amor recibe a Dani Moreiras e Iván Capón, compoñentes do grupo Páramo Pictures, responsables de temas virais como “A Bertolina” ou “O Fertimón”. No programa, temos a oportunidade de coñecer un pouco máis das facetas persoal e profesional dos dous artistas. Ademais, estrean a canción “O Amorelo”, dedicada ao coche que David Amor sortea entre todo o público asistente. Doutro lado, volve visitar 'Con amor e compañía' Miss Tamallancos, que elixe o ilusionista Pedro Volta para que lle faga unha das súas 'patacas exprés', non sen antes de que o mago realice un pequeno truco de maxia. Coma sempre o programa complétase coas seccións habituais, como o monólogo de David Amor, as conexións de Maximino 'Deitado' e as seccións dos colaboradores.