David Amor recibe no seu programa a Beatriz Serén e a Carmen Méndez, dúas das actrices protagonistas da serie “Pazo de Familia”. Durante a conversa, descubrimos non só a faceta máis artística destas dúas intérpretes lucenses senón tamén o seu lado persoal. No estudio, reviven a noite dos Mestre Mateo, en que as dúas foron candidatas; contan algún “Supersegredo” das súas vidas e, como boas actrices, atrévense a facer para todos a versión musical de “Pazo de Familia”. “Con Amor e Compañía” conta, ademais, coa presenza de Celia Vázquez ,“Miss Tamallancos 72”, quen chega ao programa para ser a coach sentimental e sexual do público e dos espectadores galegos. David Amor continúa recibindo as conexións de Maximino “O Deitado”, ese veciño estraño que vive ao lado do estudio e que cada pouco conecta co sinal do programa para contar como está vendo el o show.