Tomás Pozzi é un actor arxentino que leva 16 anos traballando en España e que actuou por primeira vez en Vigo. A partir de aí arrancou a súa carreira como actor, unha historia da que falará o convidado ao longo da entrevista. Ademais, os espectadores descubrirán que Tomás Pozzi é un dos mellores inventando chamadas telefónicas.