A Catedral de Tui sitúase no alto dun outeiro rochoso que domina a cidade e o curso do río Miño. Foi consagrada polo bispo Esteban Egea en 1225. Os antecedentes do templo catedralicio falan da ocupacióncontinuada desta Basílica cristiá desde a época dos Suevos (séculosV-VI), cunha posible sacralización pre-cristiá desde a época prerromana, segundo testemuñan os restos arqueolóxicos da zona. Vemos o comezo da xestación desta catedral con motivo da proclamación dos novos bispos, logo das invasións sarracenas e normandas do século X e XI. A partir do ano 1120, grazas aos privilexios e concesións das raíñas Urraca e Teresa de Portugal, comezan as obras da catedral tudense. O programa analiza a planta románica de cruz latina; o patrocinio do rei don Fernando II, que fixo posible a culminación gótica das bóvedas da Nave maior; as similitudes do cruceiro co modelo seguido en Santiago de Compostela; o marcado carácter gótico da Portada occidental e o considerado primeir conxunto escultórico g