Para contemplar unha das construcións altomedievais máis interesantes de Galicia, tanto pola súa dilatadísima historia e pola que tende a ser identificada como a catedral máis antiga de España, como pola riqueza arquitectónica, escultórica e pictórica que atesoura entre os muros declarados Ben de Interese Cultural en 1931, as cámaras do programa desprázanse a Mondoñedo. A esta fermosa Catedral coñécena co nome de "catedral axoenllada" debido ás súas perfectas proporcións e pouca altura. Declarada Monumento Nacional en 1902, foi consagrada en tempos do bispo Don Martín no ano 1246. A construción remóntase a 1219 e as obras duraron polo menos o resto do século XIII e todo o seguinte. Posúe diferentes estilos arquitectónicos; empezou seguindo os canons románicos, tal e como se observa na Porta principal e na ábsida maior, pero as ampliacións posteriores foron barrocas, do século XVI a xirola e do XVIII coa remodelación da fachada e aconstrución das torres. Repasamos as orixes da diocese