No ano 1129 comezou a construírse a catedral románica de Lugo, substituíndo a unha anterior mandada edificar polo bispo Odoario no século VIII. O impulso final doutro bispo, Pedro III, co beneplácito do seu cabido e a confianza depositada no mestre Raimundo, terán unha énfase especial; así como o sdistintos estilos nas reformas sucesivas engadidas ao longo dos anos:o gótico da capela maior, Santo Domingo dos Reis e San Froilán, a xirola, o primeiro corpo das campás e o pórtico norte; o barroco da Sancristía, o Claustro e a Capela Central, chamada dos Ollos Grandes; o renacentista do segundo corpo da Capela Maior e a fachada, do século XVIII. Ademais do citado mestre Raimundo, cuxo sucesor na obra románica sospéitase que puido ser o famoso Mateo, autor do Pórtico da Gloria da catedral compostelá, vemos a intervención doutros autores de fragmentos ou partes do edificio como o montañés de Trasmiera, Gaspar de Arce, o enxeñeiro francés Carlos Lemaur, o galego de Cee Domingo Antonio de And