As celestinas desta parella foron dous bos amigos seus, que os coñecían ben e sabían que estaban destinados a coñecerse. Malia as dúbidas iniciais, abofé que acertaron. Diego pronto soubo que Sonia era un regalo caído do ceo. Despois da perda do seu pai, un durísimo golpe para o protagonista, foi moi necesaria a comprensión e o apoio de Sonia.