Close

Casamos!

Docusoap sobre historias reais de amor que acaban en casamento. No programa teñen cabida vodas de distintas relixións e razas, vividas sempre de xeito extraordinario en cadansúa contorna.Os espectadores saberán como se coñeceron os protagonistas, as razóns para dar o paso de unirse en matrimonio, as influencias na familia, posibles conflitos e imprevistos, todos os preparativos, e mesmo a celebración da voda.CASAMOS! A HISTORIA DE AMOR DE... está producida por Grupo Progreso e Zenit para Televisión de Ga...

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Series
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/casamos-a-historia-de-amor-de

Episodios disponibles para ver online

Esther e Samuel - 08/07/2019 22:30
Katy e Sonia - 26/09/2018 22:20
Carmen e Carlos - 19/09/2018 22:15
Jessica e Camilo - 12/09/2018 22:15
Bárbara e Gonzalo - 05/09/2018 22:15
Laura e Jonny - 29/08/2018 22:00
Carmen e Alberto - 22/08/2018 22:10
Cristina e Guillermo - 15/08/2018 22:15
Andrea e Jacobo - 08/08/2018 22:00
Brisamar e Martín - 01/08/2018 22:00
Feli e Moisés - 18/07/2018 22:25
Yoli e Jose - 11/07/2018 23:00
A historia de amor de Yoli e Jose é a historia dun frechazo. Un San Froilán uniu as súas vidas cun choque casual. Das desculpas pasaron a unha conversa que os levaría a ser amigos. A amizade tornouse ao pouco tempo en amor, un amor que non sempre foi doado de levar. Os dous defendían a súa historia a capa e espada e Jose encaixou ao momento coas fillas de Yoli. As miradas entre os dous son tan especiais que agora celebran o seu enlace cunha voda folk. A celebración será unha auténtica festa galega para todos e os espectadores da Televisión de Galicia están convidados.
Judit e Javi - 04/07/2018 22:15
Judit é de Castropol e Javi, de Foz. Teñen  amigos en común cos que ás veces saían xuntos en grupo. Aínda así, nunca falaran, ata que unha festa de campo en Asturias uniu as súas vidas. Foi alí onde comezaron a falar e onde naceu a chispa do amor. A súa historia continuou a pesar da distancia que os separaba ao comezo da relación, pois el traballaba en Foz e ela estudaba peiteado e estética en Xixón. Á súa volta, decidiron ir vivir xuntos e desde aquela a súa relación consolidouse. Agora deciden casar e fano por todo o alto, coa voda que sempre soñaron, sobre todo ela.
Diego e Yolanda - 11/06/2018 22:20
Cando notas que é a persoa indicada, fas o que faga falta por ela, e se non que llo digan a Diego, que desde o primeiro momento que viu a Yoli, non deixou de intentar que funcionase a súa relación, mesmo cando, tempo despois de comezala, ela lle dixo de deixalo un tempo. Despois de 7 anos de amor e a pedida de matrimonio máis accidentada da historia, esta parella dá un paso máis para avanzar cara un futuro mellor xuntos e sos, xa que é moi difícil vivir xusto debaixo da sogra. “Casamos!” asiste nesta ocasión a unha voda tradicional pola Igrexa con todos os ingredientes para facer rir e chorar a convidados e espectadores. 
María e Olivier - 28/03/2018 22:00
A relación de María e Olivier, a parella desta semana, non se entende sen Santiago. Esta parella de ítalo-franceses vive actualmente fóra de Galicia, en Francia, pero aínda así ten a Santiago moi presente. O Camiño supuxo un antes e un despois na súa relación, pois serviu para afianzar os seus lazos de unión e a súa complicidade. Despois desa experiencia decidiron comezar unha vida xuntos e tras dous fillos en común chega a súa gran etapa final: a voda.
Coral e Jonathan - 21/03/2018 22:00
Coral marchou a Barcelona en busca dunha nova vida e, nada máis chegar, coñeceu a Jonathan. Decontado notou esa conexión que lle dicía que el ía ser algo máis que un amigo. A paixón polos bailes latinos desta galega e este ecuatoriano fixeron que saltase a chispa entre eles e despois da súa primeira bachata xuntos nada os puido separar. Tras unha infancia moi dura e tendo que facer de nai cos seus irmáns, Coral por fin atopou a felicidade da man de Jonathan, un mozo que di ser de pedra, pero que tamén ten o seu corazonciño. Despois de tres anos xuntos, e de ter que ser Coral quen lle pedise casar, esta parella dará o gran paso na nosa terra. “Casamos!” asiste a unha voda pequena, íntima e moi romántica en que Coral e Jonathan se dan o “si, quero” sen esquecer aquelas persoas que non poden estar con eles ese día. O perfecto final feliz para dúas persoas que xa atoparon a súa media laranxa.
Elena e Javier - 25/10/2017 22:00
Elena e Javier, dous mozos do Barbanza que se coñeceron hai un ano no instituto onde estudaban. Comezaron como amigos, pero a través das redes sociais foi prendendo a maxia do seu amor. Agora xa non hai quen os separe. En poucos meses, a súa vida cambiou por completo, xa que agardan a chegada do seu primeiro fillo.
Rita e Javi - 18/10/2017 22:00
No Camiño, que representa a unión de culturas e é símbolo da fraternidade, tamén se pode atopar o amor, como lles pasou aos protagonistas desta noite, Rita e Javi. El de Ponteareas, ela de Tarragona, el de 33 anos e ela de 45… a conexión foi inmediata e desde aquel encontro casual no albergue de Arzúa, xa nada volveu ser o mesmo para eles.
Romina e Daniel - 11/10/2017 22:00
A súa historia non foi nada fácil e durante estes 16 anos de noivado tiveron que pasar por momentos moi duros, como o sobrepeso de Romina (chegou a pesar case 170 quilos e tivo que someterse a unha operación), os seus problemas para ser nai e o duro embarazo que tivo despois. Daniel nunca se separou do seu lado e, tras máis dunha decena de peticións de matrimonio, Romina por fin aceptou.
Marta e Víctor - 04/10/2017 22:00
Estes dous mozos nados en Barcelona e galegos de corazón, decidiron casar na aldea da Saínza, en Arzúa, para renderlle homenaxe á terra dos seus avós. Aquí selarán o seu amor, nunha voda cargada de emocións polo regreso á súa terra.
Alba e Andrés - 27/09/2017 22:00
Coñecéronse nun local de copas. El traballaba de cocteleiro e ela foi alí por casualidade. Pouco a pouco foron forxando amizade, unha relación que remataría en noivado, pese ás reticencias dos dous. A Alba non lle gustaba ese mundo e Andrés non era un home de compromisos. 
Rebe e Lito - 20/09/2017 22:00
Desde o comezo trazaron ben as curvas, pero nos momentos máis inesperados chegaron os imprevistos: dous accidentes de moto e a morte do tío de Lito marcaron os momentos máis duros da súa relación. Despois de cada caída, erguéronse máis fortes e unidos e agora queren que o seu  Gran Premio remate cun triunfo por todo o alto: unha voda rockeira flamenca sobre rodas con moitísimas sorpresas.
Conchi e Jose - 13/09/2017 22:00
A historia dos protagonistas do programa “Casamos!” de hoxe está chea de risas e bos momentos. Mais tamén de malos, xa que o embarazo de risco de Conchi puxo a súa relación con José ao límite. A soa idea de perder o bebé que tanto querían fixo pasar esta parella polos peores meses da súa vida. Pero agora, co pequeno san e feliz, están no seu mellor momento.
Leticia e Ceci - 06/09/2017 22:00
Leti, unha fermosa moza coruñesa e Ceci, un simpático rapaz búlgaro, coñecéronse no ximnasio e, entre exercicio e exercicio, xurdiu algo máis entre eles.A pesar da súa xuventude, foron moi rápido desde o comezo. Nestes cinco anos deulles tempo a cumprir moitos dos seus soños: montaron o seu propio negocio, un ultramarinos no senlleiro barrio de Monte Alto, e foron pais dunha fermosa nena chamada Daniela. 
Karina e Carlos - 30/08/2017 22:00
Casaron hai sete anos e hai catro naceu o amor das súas vidas, o seu fillo Alejandro. Agora esta parella quere renovar os seus votos matrimoniais por dúas razóns, unha o seu fillo e outra, o seu cuñado Pablo. Toda a familia festexará a fermosa historia de Karina e Carlos dun xeito moi especial, porque esta será unha voda orixinal e diferente, unha voda nos anos 20. 

Otras series >


Otros programas de TVG (Galicia) >