Os protagonistas desta semana de “Casamos!” coñecéronse nunha rede social cando un vivía en Valencia e o outro en Madrid. Durante un tempo foron amigos soamente, pero a medida que se foron coñecendo déronse conta de que poderían estar feitos o un para o outro e decidiron apostar polo seu amor. Xuntos conseguiron facer realidade o seu soño: mudarse, para establecer a súa residencia no norte.