Rubén e Patri son a proba de que existe o amor a primeira vista. Antes de coñecerse non tiveran moita sorte nas súas relacións, pero nunca perderon a confianza de atopar a parella das súas vidas. Cando Rubén coñeceu a Patricia, un auténtico furacán venezolano, soubo que ela ía ser a elixida. Tres meses de relación foron suficientes para decidir que querían casar e comezaron a preparar o seu gran día. Así pois, asistiremos a un enlace galego-venezolano onde non faltará a emoción, a festa e, sobre todo, o amor.