Nerea e Rubén, son coma o día e a noite. Nerea é pura tranquilidade e serenidade, mentres que Rubén é un bulebule imparable de emocións. Porén, as súas diferenzas, no canto de separalos, únenos cada día máis e converténos nunha parella que se complementa á perfección. A pesar da súa xuventude, están convencidos de que o seu amor é para sempre. A súa vida non foi unha historia sinxela, pero xuntos conseguiron superar todos os momentos complicados que xa forman parte do pasado. Agora, despois de catro anos xuntos, queren consolidar a súa relación e facer realidade o seu soño: Nerea soña con ter unha voda propia das princesas e Rubén quere que a súa terra, Muxía, sexa testemuña do seu casamento. Así pois, as sorpresas e os nervios estarán convidados no día máis importante da súa vida, mais non lle roubarán o protagonismo ao amor e á complicidade.