Andrew estaba casado e María divorciada e ningún dos dous contaba con volver namorarse. Os 20.000 quilómetros que separan Vigo de Nova Zelandia tampouco foron un inconveniente porque eles tiñan moi claro que o seu era diferente. Despois duns meses de noivado a distancia, Andrew seguiu o seu corazón e deixou toda a súa vida en Nova Zelandia para vir vivir a Vigo con María. Andrew quixo tamén demostrarlles aos seus que María era a muller da súa vida e non dubidou en pedirlle matrimonio.