Ao mes de casar, Liliana sufriu un aparatoso accidente de tráfico que, sumado á súa morriña de Venezuela, a sumiu nunha profunda depresión da que só saíu grazas ao amor de Iván e ao apoio incondicional de Belén, a ex-muller del.  Superados moitos obstáculos, a parella está hoxe máis unida ca nunca, polo que decidiu renovar os seus votos matrimoniais nunha inesquecible, musical e fermosa cerimonia no palco da música de Lugo.