A historia de amor de Leticia e Bruno comezou nunhas festas do San Roque de Melide. El ía cuns amigos de troula e ela traballaba na cantina dun dos locais da vila. Un comentario nas redes sociais fixo que entablasen conversa e intercambiasen teléfonos e tras unha primeira cita no cine cun bico roubado comezou a súa andaina como parella. Agora, tras case algo máis de 5 anos de relación deciden celebrar o seu amor nunha voda relixiosa e con moita xuventude! Unha festa chea de emoción e de moitas, moitas sorpresas!