O comezo da parella desta noite sitúase no traballo de Laura, un bar que se converteu no lugar favorito de Jonny. Ao principio o inconveniente era que el era moi novo para ela, que estaba acostumada a homes maiores. A timidez e a tenrura do de Marcón acabaron por conquistar a paraguaia e comezaron unha bonita historia de amor hai xa dez anos. Neste tempo tiveron que superar altos e baixos, pero despois de que a súa amiga Patri publicara nas redes que casaban, agardan con entusiasmo e alegría o que será o día máis importante das súas vidas.