A súa relación non comezou con bo pé: competían en diferentes equipos de fútbol e as dúas saíron coa mesma moza e, por culpa dos celos, non se podían ver nin en pintura. As frechas de Cupido fixéronse de rogar, pero, como do odio ao amor só hai un paso, acabaron namorando perdidamente! Nos seus seis anos de relación as súas vidas cambiaron completamente: xa teñen o seu piso, tres canciños e unha filla marabillosa.