Isa e Dani casan na Coruña coas cámaras da Televisión de Galicia como testemuñas. O enlace chega despois de dous anos e medio de relación, pero máis dunha década despois de coñecérense como compañeiros de traballo. Despois de traballaren na mesma empresa, os seus destinos camiñaron por sendas diferentes ata que anos despois se volveron atopar na rúa, e nunca máis se volveron separar. Naqueles momentos, Isabel pasaba por un dos peores momentos da súa vida e Dani foi quen de calmar todas as súas dores.  O equipo do programa prepara para eles unha voda á súa altura, única e diferente. Non falta nin a familia de Dani, chegada de Valencia.