Despois de dous matrimonios frustrados e cando ningún deles cría no amor, coñecéronse en Fuerteventura para non separarse xamais.  Malia que viven nas Canarias, hoxe volven a Boiro, terra da noiva, para casar rodeados de todos os seus seres queridos. Esta noite os espectadores da Televisión de Galicia están convidados a unha voda enxebre, con papas e mojo picón, polbo e churrasco. E, por suposto, troula a fartar.