O programa “Casamos!” amosa a historia de amor dunha nova parella que quere facer partícipes os espectadores da Televisión de Galicia dun dos días máis importantes das súas vidas. A música xa corría polo sangue de ambos os dous desde que eran ben pequenos e, cando se viron enriba dos escenarios, Brisamar e Martín souberon que eran o un para o outro.Desde o seu primeiro bico fixéronse inseparables e, tras superar os celos e as dificultades de estar no mundo das orquestras galegas, a parella decidiu que o seu era facer música xuntos e remataron montando o seu propio dúo.Nesta edición, “Casamos!” viaxa ata León para asistir a unha auténtica verbena e é que na voda de Brisamar e Martín non faltan o bo ritmo e a troula.