Os espectadores do programa “Casamos!” coñecerán esta noite a historia de amor de Bea e Felipe, que se atoparon no momento oportuno nunha cafetería de Vigo cando máis precisaban o cariño dalguén.Felipe, un albanel de Redondela, sufrira moito coas súas anteriores relacións. Beatriz, unha moza de Vigo, estaba recuperándose dun grave accidente de tráfico e tamén o pasara mal por amor.