A historia de amor de Yaiza e Iván foi amor a primeira vista, polo menos para ela. Yaiza traballaba nun bar en Vigo e Iván saía cada día do seu garaxe en moto e co casco posto. Yaiza víao e sen saber nin como nin por que soubo dende o minuto 0 que ese rapaz lle gustaba. Cando Iván comezou a ir polo bar entaboaron unha amizade que pouco a pouco se foi convertendo en amor. Agora, despois de 6 anos xuntos e dous fillos en común deciden casar nunha voda que organizaron en tan só 4 meses! No enlace non faltarán nin os detalles nin as sorpresas para noivos e convidados!